Sesións de Nadal 2023

Abrimos, por fin!!, o calendario de citas para vir facer as fotos de Nadal ao estudio de PixelinPhoto.

Volvemos poñer á vosa dispoñibilidade un fondo novo de Nadal. Este ano temos un cubo onde poderedes facer o que queirades, traede a vosa roupa favorita e a quen queirades para facer unhas fotos únicas!!

 

A esto sumámoslle 3 pack base que elexir e mooooitos extras que poderedes engadir a eles.

 

EXTRAS QUE PODEDES ENGADIR:



PREGUNTAS FRECUENTES:

QUÉ OFRECEDES?

Temos un set de nadal que fixemos este ano un “chisco” distinto e varios packs que podedes elexir con distintas opcións de sesións e moitos extras que engadir despois ao voso gusto.

QUE TEMOS QUE LEVAR?

Podedes traer o que queirades,  xa sexa roupa de nadal, obxectos, bonecos, decoración extra ou o que queirades para darlle o voso toque. Incluso ás vosas mascotas!!

O que vos faga sentir cómodos e así podades levar unhas fotos que vos representen ao 100%

CANTO DURA A SESIÓN?

A sesión en sí durará o que contratedes, e logo dela elexiremos as fotos que desexades para logo montalas e imprimilas.

CANTO TARDADES EN ENTREGAR O TRABALLO?

Dependendo da carga de traballo poderemos servir as fotos ao momento ou, como máximo en 72 horas. (moitos extras non se poden entregar ao momento, consultádeo)

QUÉ HAI QUE FACER PARA RESERVAR?

Pulsa a continuación no botón de reservar, elexide data e hora que se adapte a vós e no seguinte paso da reserva teredes as instruccións de pago para formalizar a reserva.

Calquer outra dúbida podédela preguntar sin problema algún no noso apartado de contacto.