Sesións de Nadal 2026

Este ano 2026 vide ao noso estudio de nadal con neve, agasallos e unha butaca de cores chea de alegría e espazo para tod@s vos. Vide cos meniñ@s, avós, papi, mami, mascota e facede deste set un recordo único para a toda a vida.

 

      

EXTRAS QUE PODEDES ENGADIR:

PREGUNTAS FRECUENTES:

QUÉ OFRECEDES?

Sesión de fotos distendida na que o importante é pasalo ben.  Vinde ao noso estudio e xuntadevos coa familia, mascotas, amigos para que creemos un bo recordo. Tamén ofrecemos máquina de pompas para @s mais pequen@s.

QUE NOS POÑEMOS?

A roupa que queirades. Recordade que este momento queda para sempre. Si vos apetece vestir a tod@s igual, pois a tope!! Si tedes uns modelito de nadal, adiante!!

CANTO DURA A SESIÓN?

Depende do que contratedes, pack 1 e 2 son de 20 min e o pack 3 de 30 min. Logo de facer as fotos elexirémolas no estudio na tele xigante para que marchedes con todo o “traballo” feito.

CANTO TARDADES EN ENTREGAR O TRABALLO?

Dependendo da carga de traballo poderemos entregar o pack como máximo en 72 horas. (algúns extras poden tardar mais, consultádeo)

QUÉ HAI QUE FACER PARA RESERVAR?

Chamando ou enviando whatsapp coordinaremos data e hora con vós. A reserva farase formal no momento que sexa entregado un sinal que non será retornado en caso de cancelación pola vosa parte.

CAL É A DATA LÍMITE?

Ata que queirades, pulsade no botón de reserva e comprobade disponibilidades. Si se vos vai a data podémolas facer en xaneiro ou febreiro si queredes. Non habería problema ningún. (consultade con nós).