Heredeiros da Crus
O pasado día 30 de Xaneiro de 2016 puidemos asistir ao concerto fin de xira dos galiñeiros de Heredeiros da Crus e, de paso, puidemos botar un anaco con eles para facerlles a entrevista que podedes ler a continuación. Agardamos que vos guste:
Pregunta: Para quen non vos coñeza, quenes sodes?
Tucho: Bonita pregunta… a xente di que somos os Heredeiros da Crus
P: Antes de decidirvos por este nome hai 24 anos que outros nomes descartáchedes?
Tucho: O dos nomes era Toño… pois… “bate cos collóns na cepa”, “Tapisería Jarsía”, pero Heredeiros da Crus estaba bastante claro, ese tivo que ser o nome por un soño premonitorio que tivo Toño.
P: Mereceu a pena volver?
Tucho: Volver despois de estar separados? Por supuesto!! Porque foi unha volta de puta madre, unha volta con moita mais xente xa que temos á xente de antes e á de agora… ainda que agora mesmo estamos vivindo a puta peor época do Rock&Roll tanto polos grandes que nos están morrendo como polos grupos de agora que a min, particularmente, non me aportan nada. Pero na coa nosa volta estamos encantados.
P: E podedes vivir da música ou tedes outros traballos?
Tucho: Home… nos non vivimos mal. Eu vivo da muller mais da música.
Manuel: Vivir da música comparado con que? Bah… está complicadito
Tucho: Bueno, tampouco vamos ser hipócritas, agora mesmo HdC somos os músicos de rock que mellor vive en Galicia actualemente.
Fran: Daría para vivir un solo pero si tes familia eso sí que non.
Toñito: Que me vas contar a min que empecín con 17 anos ao mar non me jodas, levo toda a miña puta vida traballando.
P: Non vos sentides vellos ao ver os vosos concertos os ateigan os fillos de quenes vos ian ver na primeira época?
Tucho: Sentímonos maduritos, mais guapos que hai 20 anos, vexo fotos de aquela e fotos de agora e creo que maduramos todos para ben.
P: Moitos grupos galegos e do resto de España cantan en inglés, vos cantades en galego, nunca vos fixeron esa pregunta que sempre lle encanta a Sés: “por que cantades en galego”?
Quique: A pregunta non é esa, a pregunta é: “Cando ides dar o salto ao castelán ou ao Inglés”
Tucho: Nos cantamos na lingua que mais falamos, ainda que ao principio cantabamos mais en castelán facendo versións e temos temas nosos moi horteras en castelán e démonos conta de que non iamos a ningunres con ese roio e tiñamos daquela temas en galego que cando os tocabamos a xente flipaba, e si a xente flipaba por algo sería.
P: Hai un tempo tocáchedes en Madrid, se tiverades billete libre a onde iriades do mundo a tocar?
Tucho: Eu volvería a NY e tocariamos no Madison Square Garden
Fran: Probaría Rusia que hai moita pasta e están moi tolos.
Tucho: A México non iría que están mais tolos que nós… ainda que si nos levan iría eh.
Toño: Eu o faría nas Azores. Ali hai un lugar cun volcán a 2500mts de altura e levabamos a chorrocientos galegos para alá en avionetas e ian cajar masilla.
Javi: Fletamos un barco!!
Toño: Ostia!! pois hai un puerto ali que se chama o Puerto do Gallego na illa do Pico e listo.
P: Si fosedes unha chirigota de que falariades?
Tucho: De sexo ese é un tema que non se quita cos anos.
P: Algo que vos sucedera con algún ou algunha fan moi friki?
Toño: Eu coñecín a un tipo que tiña a Yosi dos Suaves tatuado no cu.
P: O garito mais raro onde tocáchedes?
Toño: No novecento.
Tucho: En Asturias nunha casa ocupa, casi acabamos a ostias porque lles quixen ocupar a casa aos ocupas.
P: Cando empezáchedes a formar o grupo de que fontes musicais bebéchedes?
Tucho: Rock&roll, Rollings, AcDc, Los Suaves… antes de ter o grupo xa flipabamos con eles e agora coincidir con eles é a ostia.
P: Algún tic ou manía antes de subir ao escenario?
Toñito: Ten que haber un water
Fran: Eu non saio tranquilo a tocar si non revisei o baixo a pesares de estar xa afinado.
P: Si polo que fose prohibiran a música que fariades?
Tucho: Acabaría matando a quen mo prohibira, eu sin música non viviría, sin o R&R, si mo quitan e me deixan o Reggetón mato!!
P: Para cando un disco de baladas?
Tucho: Eso é facil, facémoscho nun par de días. Facer un disco costa moito, pero facer un mediocre… son capaz de facerche un disco de 10 temas de mierda en día e medio… eso sí, para facer un disco bo hai que traballalo e ten que vir a inspiración.
P: Haberá disco novo?
Tucho: Para que si non se venden? Discos novos non pero temas novos pode que si, uns temas, videoclips…
P: En verán estaredes quietos ou non?
Todos: non oh!!
Fran: nunca dixemos que fosemos parar, levamos 4 veráns e estamos ben, gústanos tocar e mentres haia onde…
Tucho: En verán facemos, pero en este inverno houbo algo que é para repetir que foi o tema este dos galiñeiros e foi un rollo auténtico, eso de tocar 2 o 3 días por semana mola moito e une moito ao grupo.
Quique: Creo que deberiamos ampliar o noso radio de acción. A enerxía que hai no noso escenario hai que amosala fora!!
Gracias chicos, foi un pracer!!
Comments are closed here.