Sesións de Nadal 2024

Preparade a vosa mellor árbore de Nadal, xuntádevos coa familia, as mascotas tamén e fagamos unhas fotos únicas e moi persoais para o voso recordo.

So tedes que poñervos en contacto con nós pulsando o botón de mais abaixo, sin máquinas nin formularios e así buscamos a mellor data e hora.

Este ano teremos un pack único ao que logo poderedes engadirlle os extras que ofrecemos no menú de abaixo.

De cada sesión de Nadal doaremos 40€ a favor d@s damnificados pola Dana de Valencia.

EXTRAS QUE PODEDES ENGADIR:


PREGUNTAS FRECUENTES:

QUÉ OFRECEDES?

Sesión de fotos distendida na vosa casa. So tedes que preparar o espazo mais nadaleño que desexedes e xuntarvos coa familia, mascotas, amigos para que creemos un bo recordo.

QUE NOS POÑEMOS?

A roupa? A que queirades. Recordade que este momento queda para sempre. Si vos apetece vestir a tod@s igual, pois a tope!! si preferides etiqueta ou outro tipo de outfit é decisión vosa.

CANTO DURA A SESIÓN?

A sesión durará sobre 30 minutos. Nunca é un tempo 100% encorsetado.

CANTO TARDADES EN ENTREGAR O TRABALLO?

Dependendo da carga de traballo poderemos entregar o pack como máximo en 72 horas. (moitos extras poden tardar mais, consultádeo)

ATA QUÉ DISTANCIA PODEDES VIR FACER AS FOTOS

Está incluído no prezo unha distancia aprox de 15kms á redonda de Bertamiráns. En caso de querer facer fotos mais lonxe aplicariase un extra por kilometraxe.

QUÉ HAI QUE FACER PARA RESERVAR?

Chamando ou enviando whatsapp coordinaremos data e hora con vós. A reserva farase formal no momento que sexa entregado un sinal que non será retornado en caso de cancelación.

CAL É A DATA LÍMITE?

Non haberá data límite, non importa que, por exemplo, en xaneiro ou febreiro aínda queirades e podades facela. Non habería problema ningún.