Fran Velo

 

– Quen eres?

Son un pringao que pulula por este mundo intentando sacar o mais posible del en canto a experiencias e sobre todo ser feliz… e en gran medida conseguindoo.

– Cando empezaches en esto da música?

Empecei tarde comparado con outra xente, comecei mais ou menos con 17 anos, a esa idade collín o baixo por primeira vez.

–  E cando lles dixeches a papa e mama que te quería adicar á música que dixeron?

Non lles gustou nada, de feito non me mercaron o primeiro baixo, tiven que traballar na construcción un verán para podermo comprar. Era bastante barato e bastante malo.

– Empezaches con baixo directamente, non de guitarrista

Non non non, empecei de baixista. Resulta que eramos unha pandilla de colegas que escoitabamos musica e queriamos dar o seguinte paso que era tocar asi que fixemos o típico de elixir o que nos gustaría tocar e ninguén quería tocar o baixo, eu, como a teoría di que os baixistas son moi altos tratei de convencer a un compañeiro que medía sobre 1,90mts a base de preparar unha especie de tese con temas onde mellor sonaba o baixo para convencelo a el de “como mola o baixo” pero non o conseguín convencer a él… convencinme a min mesmo.

– Tes fame de directo ou és mais de estar na casa?

Tiven fases de todo, agora mesmo teño fame de directo, o paso moi ben. Si non tivera outra cousa nin tivera que currar entre directo e directo por min quedaba na casa.

– Din que o que pasa no backstage queda no backstage.

Si, e mais cando a muller estña diante. (risas, a muller ofrécese a irse a outra mesa).

– És moi activo nas redes sociais, que opinas delas?

Parécenme un invento interesante, hai tempo parecíanme absurdas, pero por descoñecemento.  Para min son un vehículo e un escaparate. Hai quen os vende como expositor de algo persoal e quen o usa con un fin comercial, o abrin cando volvín á música, moitas facetas da miña vida non as publico ainda que toco temas persoais pero sobre todo o uso de escaparate e entendo que á vez estou en débeda coa xente e o tema ten que ser recíproco e entendo que á xente téñolles que dar certas cousas a  cambio.

– Que che pasaría si se pecharan as redes sociais?

Home!! seguramente tería o meu periodo de síndrome de abstinencia (a súa muller asinte coa testa) … pero pasoume que este verán perdín o mobil e despois duns días estaba ata contento sentido que hai vida fora das redes, creo que o superaría e voltaría ser o eterno descoñecido de heredeiros.

– So podes elixir 1: Sexo, droga ou rock&roll

Rock&Roll sempre, xa ves que nin o dubidei… (a muller botalle un miradón tremendo, según vai avanzando a entrevista e a noite Fran vaino pensando mais en serio e a opción vai perdendo forza)

– Para cando un disco en solitario?

Imposible. Imposible. Son malo cantando, compoñendo… estou de prestado na música, pero non son digno.

– Agora de súpeto prohibese o mundo da música, penado con pena de morte, que farías?

Non sei… mobles de cociña, o pasaría moi mal, pero tería que buscar outra afección. Sei como é iso, dende que “pechamos” heredeiros estiven 6 anos retirado dese mundo e non toquei o baixo nin na casa, por iso agora podería cambiar a opcion de sexo, drogas e R&R

– En canto grupos estiveches e en cantos estás?

Estiven en 4… estou en 2 en Heredeiros e Lákazans… (o pensan mellor) e decátase de 5. 5 grupos.  Tantos na miña vida como nos que toca Nando Llon en medio ano.

– És dos que teñen que apartar ás rapazas a lo Justin Bieber?

Non que va que va… sempre fun o membro que pasa mais desapercibido no grupo, ainda que dende que cortei o pelo e deixei a barba ainda gañei algo, coa edá fun ganando.

 

E asi foi o Caras carísimas con Fran Velo nunha pizzería do centro de Boiro. 

Comments are closed here.