Sesións de Nadal 2021

Abrimos, por fin!!, o calendario de citas para vir facer as fotos de Nadal ao estudio de PixelinPhoto.

Volvemos poñer á vosa dispoñibilidade un fondo novo de nadal, mantiñas para facer fotos no chan, a butaca de cores para que veñades disfrazad@s si queredes e facemos fotos sentad@s. Eeeeee pompas de xabrón para @s mais pequen@s ( e non tan pequen@s).

A esto sumámoslle 3 pack base que elexir e mooooitos extras que poderedes engadir a eles.

 

EXTRAS QUE PODEDES ENGADIR:


PREGUNTAS FRECUENTES:

QUÉ OFRECEDES?

Temos un set de nadal que fixemos este ano con mooooito agarimo e varios packs que podedes elexir con distintas opcións de sesións e moitos extras que engadir despois ao voso gusto.

QUÉ TEMOS QUE LEVAR?

Vos traede a roupa, complementos e sorriso que queirades e nós poñeremos o resto. Adaptámonos a vos.

PODO LEVAR O MEU XERSEI DE NADAL?

Por suposto!! podedes traer o que queirades, a roupa que vos faga sentir cómodos e así podades levar unhas fotos que vos representen ao 100% xa sexa roupa, obxectos, bonecos, decoración extra ou o que queirades para darlle o voso toque.

CANTO DURA A SESIÓN?

A sesión en sí durará o que contratedes, e logo dela elexiremos as fotos para imprimilas e que as levedes ao momento. Calculamos que todo o proceso levará 45 minutos en total aprox.

CANTO TARDADES EN ENTREGAR O TRABALLO?

O mesmo día da sesión, unha vez rematada a sesión, elexiremos as fotos con vós na nosa pantalla xigante entre tod@s e marcharedes do local co resultado na man, listo para presumir e regalar!! (moitos extras non se poden entregar ao momento, consultádeo)

QUÉ HAI QUE FACER PARA RESERVAR?

Pulsa a continuación no botón de reservar, elexide data e hora que se adapte a vós e no seguinte paso da reserva teredes as instruccións de pago para formalizar a reserva.

Calquer outra dúbida podédela preguntar sin problema algún no noso apartado de contacto.